viernes, 5 de abril de 2024

Novo proxecto ENRAÍZO: Horta Comunitaria Terapéurica

 

 

Xunto coa Asociación Villa Caótica  damos inicio a un novo proxecto ENRAÍZO.

Utilizaremos a hortoterapia e o valor terapéutico das plantas como beneficio persoal. 

Cultivar unha horta axuda a manter ás persoas activas físicamente, fomenta as saídas a espacios exteriores e crea hábitos saúdables. Ademais, ter un ser vivo ao teu cargo, que require coidados como o rego, a poda, o abono, etc favorece a autonomía e o desenvolvemento das persoas. 

Ademais, ao tratarse dunha horta colectiva, créanse vínculos entre as diferentes participantes e resulta ser unha forma moi saubdable de socializar, limitando o aillamento que sufren moitas persoas LGTBI que atravesan procesos persoais complexos ou incluso depresión ou otras situacións que poden afectar a nosa saúde mental.

Comezaremos o 5 de abril, será un proxecto largo, que requira o compromiso das persoas que queiran participar para coidar a horta, podes sumarte durante as próximas semanas, contáctanos por correo e informámosche! nosmesmas@felgtbi.org




0 comentarios: