Para Nós amplía a súa atención: novo servizo social e laboral para mulleres LBT
Dende xaneiro de 2025 o programa “Para Nós: Servizo de atención integral a mulleres LBT” dá un novo paso coa incorporación do asesoramento social e laboral, reforzando así a atención que ofrecemos a mulleres lesbianas, bisexuais e trans.
👉 A través deste novo servizo acompañamos procesos relacionados con:
-
Acceso a prestacións e recursos sociais 📑
-
Apoio na busca de emprego e orientación laboral 👩💼
-
Información sobre formacións e dereitos laborais 📚
O obxectivo é facilitar ferramentas que melloren a calidade de vida e contribúan á autonomía persoal e profesional das mulleres LBT, recoñecendo as súas realidades diversas e as barreiras específicas que atopan.
Solicita unha cita previa ou consultanos calquera dúbida no correo nosmesmas@fegtbi.org
🔎 Lembramos que “Para Nós” continúa a ofrecer tamén atención psicolóxica e mediación familiar, iniciadas en setembro de 2024, pide a túa cita no correo nosmesmaspsicoloxia@gmail.com
💬 Seguimos construíndo un espazo de coidados, apoio e empoderamento.
🙌 Financiación
Este programa é posible grazas á subvención a entidades de iniciativa social para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, financiado pola Unión Europea – Fondos Europeos e pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.
0 comentarios:
Publicar un comentario