En Nós Mesmas poñemos en marcha un ciclo de Obradoiros de Verán pensados para mellorar a saúde relacional a través da comunicación efectiva, a asertividade e a resolución de conflitos.
Sabemos que comunicarse non sempre é doado: ás veces falamos de forma moi brusca ou demasiado pasiva, outras veces calamos o que sentimos por medo a molestar, ou fuximos dos conflitos porque non sabemos xestionalos. Estes obradoiros ofrecen un espazo seguro e práctico no que aprender novas ferramentas e poñelas en práctica xunto a outras persoas.
👉 Os obradoiros serán impartidos pola nosa psicóloga, que acompañará o grupo nun proceso vivencial e dinámico.
📌 Calendario de obradoiros
-
15 de xullo | Comunicación Non Violenta (CNV) e escoita activaAprende a expresar necesidades e emocións sen xuízos nin agresividade, ao tempo que desenvolves unha escoita máis atenta e empática.
-
22 de xullo | Asertividade e expresión emocionalDescubre como comunicarte de forma clara e respectuosa, atopando un equilibrio entre a pasividade e a agresividade.
-
29 de xullo | Resolución de conflitosIntegra as aprendizaxes anteriores para afrontar desacordos e conflitos dun xeito construtivo, con confianza e novas estratexias.
📍 Información práctica
-
Horario: de 11:00 a 13:00
-
Lugar: Nós Mesmas, Rúa do Conde de Torrecedeira, 19 baixo
-
Inscricións: prazas limitadas → inscríbete a través do noso Linktree ou escribindo a nosmesmas@felgtbi.org
💡 Non é preciso asistir aos tres obradoiros, pero se participas en todo o ciclo terás unha visión máis completa e integradora.
✨ Un programa para mulleres LBT
Estes obradoiros forman parte do programa “Para Nós: Servizo Integral de Atención a Mulleres LBT”, no que ofrecemos atención psicolóxica, familiar, social, laboral e xurídica a mulleres lesbianas, bisexuais e trans.
📢 O programa está financiado pola subvención a entidades de iniciativa social para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, cofinanciado pola Unión Europea – Fondos Europeos e a Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.
0 comentarios:
Publicar un comentario