Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

Orgullo LGTB Vigo 2018

Nin disfóricas nin incongruentes.

Batukada feminista

Reivindicación

Visibilidade lésbica 2018

Bicada polas rúas do centro Vigo.

martes, 20 de abril de 2010

Día da Visibilidade Lésbica: Festa Fetiche e Bicada!!!


Día da Visibilidade Lésbica
(grazas pola difusión!)

Festa Fetiche____o sábado 24 ás 12 en "La Fiesta de los maniquíes" (Irmandiños, 13, Churruca)
____Con performance, sorteos, xogos....

Concentración con Bicada e graffitis___o Luns 26 ás 20h na Praza da Constitución
Xuntaremonos na praza para celebrala nosa visibilidade e reivindicala en tódolos ámbitos, mentras leese o manifesto, animaidevos a participar na bicada!!!!

Para celebrar que podemos vivir e expresar libre e honestamente o que somos e sentimos.
E que podemos facelo non só entre nos, senon de cara o resto da xente.

Queremos reivindicar a nosa vontade de ser o que queremos:
libres, visibles; mulleres lesbianas de pleno dereito!

martes, 16 de marzo de 2010

Concurso de Fotografia


A MIÑA VISIÓN DO FEMINISMO DO SÉCULO XXI.

Trata dunha foto e unha breve explicación, deixamolas bases a continuación, están en ingles, se alguén quere pasarnos a traducción para colgala pois estaria xenial ^_^ senón, sabedes que hai traductores de todo tipo no google! ;)

Podese presentar en castelan, e tedes ata o 30 de Xuño para envialas a ewl@womenlobby.org

MOITA SORTE!!!

Xa podes ver as actividades do mes de Marzo

No link de actividades podes consultar todalas actividades previstas para este mes de Marzo que vai ser movidiño!!!

Comezamos coa mani do 8 de Marzo, e todolos preparativos que conleva, e seguimos con senderismo por Redondela, e un obradoiro moi especial "Unha mirada propia" no que reflexionarase sobre a historia, a educación, o feito de ser muller e de ser muller lesbiana, sobre os procesos sociais, psicolóxicos...presentes na nosa historia.

Entrade no link e apuntate!

xoves, 21 de xaneiro de 2010

Reagrupación ATURUXO


A realidade galega do movemento LGTB estivo e está unida a nosa realidade social e política, xa que o noso desenvolvemento como persoas de pleno dereito parece ser que sempre ten que estar unido ós intereses duns poucos.

Se votamos unha ollada cara atrás, podemos ver que xa fai 20 anos o movemento asociativo comezou a dar troula, pouco a pouco crecemos e formáronse máis asociación no territorio galego, asociación como a nosa, que con pouco máis dun ano queremos seguir medrando e alcanzando obxetivos.



Isto fixo que o movemento LGTB diversificárase, ta
nto de xeito positivo como negativo, positivo todas entendemos porqué, cada asociación coa súa ideoloxía chega a diferentes persoas, tamén inda que podamos compartir un obxetivo común, como pode ser a consecución dos nosos dereitos e da igualdade real, este o intentamos alcanzar de xeitos moi diversos...isto da como resultado unha gran riqueza asociativa na Galiza.


A parte negativa, é que, debido a realidade social da que emerxemos, na que os estereotipos e o medo o diferente segue moi presente, a cada un de nós (asociacións) cústanos moito traballo chegar a máis xente ou plantexar accións que reflexen á sociedade a realidade existente, que visibilice o colectivo LGTB...e é que esta diversidade dispersounos.

Agora a realidade política da Galiza a volto a mudar cara un partido de dereitas, facéndonos de novo máis complicado o acceso as administracións públicas, non téndonos en conta nas súas prioridades, contrariando de moitos xeitos as nosas exisencias.... ademais chegou unha asociación do mesmo corte político que pretende acaparar a realidade galega, e que chega pegando bastante forte e menosprezando o traballo que xa leva aquí dende fai máis de 20 anos.

Por todo isto, dende ás diferentes asociacións galegas, sentimos a necesidade de manter un vínculo mediante o cal poder traballar xuntos puntos comúns as nosas ideoloxías, e unificar esforzos que ata agora traballabamos por separado sendo isto un gran desgaste para todas nós.
Así estamos a traballar para reabrir a federación de asociacións galegas Aturuxo dun xeito novo, conformándoa como un vinculo ou traballo en rede dos colectivos LGTB, e que abarcará ás diferentes ideoloxías e xeitos de traballo de cada un de nós.

Con isto ata o de agora, esperamos mostrarvos os avances ós que vaiamos chegando nos próximos meses, pedimos a vosa opinión e parecer, así como dubidas, suxestións...e invitarvos a asistir este sábado 23 ás próximas xornadas de formación e debate interno, confirmade asistencia por favor.




Expoño os diferentes puntos a tratar ese día:


1.- Exposición sobre o funcionamento das "charlas" nos IES das persoas que as realizaron en nome de diferentes colectivos.


2.- Analizar os obxectivos de dita actividades, a viabilidade da mesma así como estructurar a súa operatividade.


3.- Accións a levar a cabo nos vindeiros meses.




A xuntanza será no centro sociocultural o Ensanche, na rúa Frei Rosendo Salvado da Zona Nova, en Santiago de Compostela.


Horario de mañá: 11.00 a 14.00 horasHorario de tarde: 17.30 a 20.30 horas

luns, 18 de xaneiro de 2010

“Obradoiro infantil de lectura pola igualdade”


O pasado 29 de decembro tivo lugar o primeiro obradoiro de lectura para nenas e nenos que
organizamos dende a asociación.
Este xurdiu da idea de realizar unha actividade cos máis cativos, xa que, por
unha parte celebrábase no 2009 o “Ano pola diversidade afectivo-sexual nas
escolas”
, e por outra quenda, as e os pequenos LGTB son os primeiros en
sufrir ás discriminacións dos seus iguais nacidas froito dunha educación e
socialización patriarcal e androcentrista, que rexeita e discrimina ás
minorías.

Pareceunos este un xeito didáctico e divertido de achegarnos ós máis
cativos e, como non, ás súas nais e pais (e avoas por suposto!) e de
mostrarlles a existencia de narrativa infantil en galego como alternativa ós
contos tradicionais.

Contamos con 12 nenas e nenos de entre 3 e 9 anos, e as nais e avoas
dalgúns quedáronse e participaron connosco no contacontos e nas
actividades posteriores.

A relación coa biblioteca foi moi positiva dende o momento do primeiro
contacto aínda que escasa xa que ceñiuse a facilitarnos unha aula na
biblioteca infantil e a realizarnos difusión da actividade o mesmo día con
carteis que eles mesmos crearon.


De tódolos xeitos o consideramos un avance e unha porta aberta para
actividades futuras con actividades deste tipo, e esperamos tamén que nos
reciban do mesmo xeito en breve, xa que plantexamos solicitar a adquisición
de títulos (narrativa e estudios) e films de temática LGTB cos que non
contan na actualidade e consideramos importantes.




Para quen o solicite contamos cos libros cos que traballamos en prestamo.









domingo, 27 de decembro de 2009

Obradoiro de lectura para nenas e nenos de 3 a 7 anos

OBRADOIRO DE LECTURA
PARA NENAS E NENOS DE 3 A 7 ANOS.


"UNHA PARELLA DIFERENTE"
Daniela Kulot
Factoria K de libros


Crocodilo e Xirafa son unha parella:
unha parella de namorados.

Xirafa é moi alta
e Crocodilo moi baixo,
por iso viven nunha casa
feita á súa medida.

Alí, apenas se decatan do diferentes que son.

Pero, un día que foron dar unha volta....

Martes 29 de decembro de 12h a 13.30h
na Biblioteca Central (Rúa Xoaquin Yáñez, 6; Casco Vello, preto da praza Princesa)

Organiza Asociación Nós Mesmas
Colabroa Concellería de Igualdade, Biblioteca Central, Libreria Papilio

luns, 9 de novembro de 2009

IV Xórnadas de Políticas Lésbicas


O pasado fin de semana puidemos disfrutar dás IV Xornadas de politicas Lésbicas que organizaron as nosas compañeiras de Trabadas de Asturias.

Nelas disfrutamos dun ambiente e dun trato inmellorable, pero ademáis regresamos coas pilas cargadas. Cargadas de empoderamento, de visbilizarnos, de debatir e de formarnos dende o activismo e en torno ás necesidades que sentimos principais actualmente no panoráma lésbico e coas que temos que tratar día a día.

Dende unha retrospectiva histórica do camiño das mulleres lesbianas no noso país ata a situación actual, centrándonos nos retos futuros do activismo. Retos que fomenten a visibilidade nás zonas rurais , prestar máis atención o maltrato nás relacións lésbicas, traballar os planes de igualdade para exixilos nosos dereitos e que estes queden estampillados nos mesmos, a importancia de formar ás nosas activistas, e ás mulleres en xeral en empoderamento, na resiliencia...para asegurar unha continudade da acción que nós comezamos a realizar.

Como dicia, voltamos coas pilas máis que cargadas, dispostas a seguir cara diante. E queremos agradecer todo o que ás rapazas de Tribadas-Xega fixeron para que nos atoparamos no mellos ambiente posible para traballar dende a confianza.

Así que esperndo para a próxima!!