Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

Orgullo LGTB Vigo 2018

Nin disfóricas nin incongruentes.

Batukada feminista

Reivindicación

Visibilidade lésbica 2018

Bicada polas rúas do centro Vigo.

venres, 11 de abril de 2025

Festival LBTIQ+ Bolleras, viciosas, marimachas e travelas, 26 de abril

 PROGRAMACIÓN Festival LBTIQ+ Bolleras, Viciosas, Marimachas e Travelas, Contra a violencia de xénero cara as mulleres LBT e persoas non binarias, 26 de abril  en A Morada, R/Enrique Macias, Vigo

💗É marabilloso e somos super felices de saber que contamos con:
-O noso Grupo Powerful do proxecto +Visibles - Violencia para contarvos o conseguido nestes meses! 💪
-O musicón de Eme D🎧
-Delirio e risas aseguradas cos Delirio Sketchs de Cru co elenco acompañando Cata Ukelele, High Paw, Tamy (Laura Merchan) e Mercedes Pezón (Javier Sánchez). 🤩
-Voltaremos unha ollada a adolescencia de moitas con Muller de 6 ollos e o seu Fanzine "Mi nick era humeda" 💦💦
-Escoitaremos historias que todas coñecemos con Atenea García e  "Vicio houbo sempre" 😚🤭
-Botaremos un Bingo pra señoras con espectáculo drag incluído con Aymar Note e o recadado no bingo irá para o noso Bote Solidario. 🎰

ENTRADA NECESARIA, GRATUÍTA, CLICA AQUÍ

Xantar feito por Sukha Funk, opción hamburguesa ou prato mexicano vegano, 10€ IMPORTANTE RESERVA E PAGO ANTES DO  16/04 AQUÍ

Espazo Crianzas xestionado por coidadoras, gratuíto, reserva antes do 16/04, AQUÍ



xoves, 2 de xaneiro de 2025

Inicia o Sevizo de asesoramento social e laboral

 


Para Nós amplía a súa atención: novo servizo social e laboral para mulleres LBT

Dende xaneiro de 2025 o programa “Para Nós: Servizo de atención integral a mulleres LBT” dá un novo paso coa incorporación do asesoramento social e laboral, reforzando así a atención que ofrecemos a mulleres lesbianas, bisexuais e trans.

👉 A través deste novo servizo acompañamos procesos relacionados con:

  • Acceso a prestacións e recursos sociais 📑

  • Apoio na busca de emprego e orientación laboral 👩‍💼

  • Información sobre formacións e dereitos laborais 📚

O obxectivo é facilitar ferramentas que melloren a calidade de vida e contribúan á autonomía persoal e profesional das mulleres LBT, recoñecendo as súas realidades diversas e as barreiras específicas que atopan.

Solicita unha cita previa ou consultanos calquera dúbida no correo nosmesmas@fegtbi.org

🔎 Lembramos que “Para Nós” continúa a ofrecer tamén atención psicolóxica e mediación familiar, iniciadas en setembro de 2024, pide a túa cita no correo nosmesmaspsicoloxia@gmail.com

💬 Seguimos construíndo un espazo de coidados, apoio e empoderamento.



🙌 Financiación

Este programa é posible grazas á subvención a entidades de iniciativa social para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, financiado pola Unión Europea – Fondos Europeos e pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.




venres, 27 de setembro de 2024

Plan de Formación en Diversidade Afectivo-Sexual e de Xénero para Educación Secundaria

 Achegamonos a secundaria con novos obradoiros co fin de despexar dúbidas, fomentar o autocoñecemento e sensibilizar ante a diversidade.




 Para este 2024-2025 non temos propostas pechadas de obradoiros para secundaria, xa que a diversdiade que nos atopamos entre uns cursos e outros do mesmo nivel, incluso dentro do mesmo IES é tremenda! 

Polo que vos propoñemos impartir sesións adaptadas ás necesidades ou intereses que detectedes. 
Facer obradoiros "a carta" escollendo desde a duración aos contidos. 

Segundo se na vosa aula/centro xa teñen traballada a DASeX previamente ou exista unha circunstancia  a abordar esperámos que nos digades a idea de contidos que pensades que precisan traballar ou cos que queredes que teñan contacto, por exemplo:

-Achegamento a que é a diversidade afectivo-sexual e de xénero e o respecto á mesma
-Afondar na realidade das adolescencias/persoas trans
-Coñecer referentes LGTBI+ para a mocidade
-Coñecer ferramentas para detectar a discriminación LGTBIfóbica e razoar sobre as razóns e as consecuencias da mesma.
-Coñecer o percorrido historico da conquista dos dereitos para as persoas LGTBI
-Calquera outro que sexa do voso interese

A metodoloxía que seguimos é a través do xogo, apoiandonos en recursos audiovisuais e no debate de grupo.

Se tes dúbidas, precisas que te fagamos unha proposta concreta ou queres pechar datas, escríbenmos a nosmesmaseducacion@gmail.com estaremos encantades de axudarvos!









mércores, 25 de setembro de 2024

Plan de Formación en Diversidade Afectiva-Sexual, de Xénero e Familiar para Infantil e Primaria 24-25

Coñece a nosa nova oferta formativa para o curso 2024-2025 dirixida a alumnado de Educación Infantil (segundo ciclo) e Educación Primaria.



Se a natureza é diversa....a diversidade é natural!!!


Como cada inicio de ano, contactamos cos centros escolares para facervos chegar unha proposta única, innovadora e divertida, coa que achegar a diversidade afectivo-sexual, de xénero e familiar ao voso alumnado. 

Ainda que repetimos algún dos nosos obradoiros (os obradoiros "estrela"), como Bolechas ou Piratrans Carabarco, temos moitas propostas novas, máis dinámicas, utilizando o xogo como ferramenta educativa e como sempre, adaptables a realidade do voso centro e do voso alumnado.

Para máis información ou solicitar datas, escríbenos a nosmesmaseducacion@gmail.com






 

venres, 6 de setembro de 2024

Mocidade LGTBI+, presente!! Comeza unha nova edición

 


Que te ofrecemos?

Un espazo seguro, onde ser ti misme e poder resolver as túas dúbidas, recibir asesoramento sobre as cuestións que te atañen, ser acompañade nos trámites que precises, etc. 

Ademais de poder participar no Grupo de apoio Entre Iguais, onde coñecer máis xente nova LGTBI+, falar e debatir das túas inquedanzas.

E que tramamos?

Posi temos preparados diferentes encontros de debate, obradoiros e noites de lecer alternativo!!!

Este proxecto o desenvolvemos de setembro a decembro, así que moi atente ás nosas redes sociais para coñecer as actividades, datas e proceso de inscrición!! 
Contaremos con Nuria Vil, Nenaza e Nee Barros entre outres! Non volo perdades!




Este proxecto está parcialmente financiado pola: 




luns, 2 de setembro de 2024

Para Nós: Servizo de atención integral a mulleres LBT


🌸 Para Nós: Servizo de atención integral a mulleres LBT

En setembro de 2024 continuamos co noso programa pensado para acompañar, coidar e apoiar ás mulleres lesbianas, bisexuais e trans (LBT) que o precisen: “Para Nós”, un servizo integral de atención desde unha perspectiva feminista e interseccional.

Este programa busca ofrecer un espazo seguro e profesional onde atender as diferentes necesidades das mulleres LBT, recoñecendo a súa diversidade e as múltiples realidades que atravesan.

📌 Que inclúe o programa?

  • 🧠 Atención psicolóxica individualizada para acompañar procesos persoais e emocionais.

  • 👩‍👩‍👧 Mediación familiar, para facilitar a comunicación e a resolución de conflitos no entorno máis próximo.

  • 👩‍💼 Asesoramento social e laboral, para apoiar no acceso a recursos, dereitos e oportunidades profesionais.

  • ⚖️ Asesoramento xurídico, co obxectivo de resolver dúbidas legais e garantir a defensa dos dereitos.

📅 Calendario de posta en marcha

  • Setembro 2024 → Inicio da atención psicolóxica e mediación familiar.

  • Xaneiro 2025 → Incorporación do asesoramento social e laboral.

  • Maio 2025 → Posta en marcha do asesoramento xurídico.

💬 Un espazo seguro para mulleres LBT

Con “Para Nós” queremos construír un servizo que non só dea resposta ás urxencias e ás necesidades prácticas, senón que tamén sexa un lugar de coidado, empoderamento e acompañamento.


✨ Se queres máis información ou acceder ao servizo, podes poñerte en contacto con nós a través do correo electrónico 📩 nosmesmaspsicoloxia@gmail.com ou seguir as nosas redes sociais para estar ao día.


🙌 Financiación

Este programa é posible grazas á subvención a entidades de iniciativa social para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, financiado pola Unión Europea – Fondos Europeos e pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.







 

luns, 22 de xullo de 2024

Formación en Competencias Dixitais

                                        



Neste de mes de agosto non paramos! 


Podes inscribirte na Formación en Competencias Dixitais, de 60h totais de duración e composta por 3 módulos. 
Podes inscribirte só no módulo ou módulos que máis te interesen (cada módulo ten unha duración de 20h, terás a maiores horas de traballo na casa) e serán impartidos pola academia Aula Estudio.

A través desta formación, que será dinámica e divertida, aprenderás un mellor uso do teu móbil, ordenador ou tablet para sacarlle un mellor partido! 

Desde coñecer todas as funcionalidades do correo electrónico, aprender máis sobre seguridade online para protexer os teus datos e as túas compras, a obter as claves e certificados dixitais das diferentes administración para poder realizar os trámites precisos (solicitude de axudas como a IMV ou a axuda de aluguer, obtención da vida laboral...) ou a coñecer o funcionamento da app É-saúde do Sergas, entre outros contidos interesantes!!

Accede o enlace e inscríbete!! 



Esta formación a executamos dentro do programa Para Nós, Servizo de atención integral a mulleres LBT, coa financiación: