Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

Orgullo LGTB Vigo 2018

Nin disfóricas nin incongruentes.

Batukada feminista

Reivindicación

Visibilidade lésbica 2018

Bicada polas rúas do centro Vigo.

luns, 29 de xullo de 2019

Voltan as merendas dos martes no local da asociación Nós Mesmas!
Para todas aquelas persoas que precisen dun espazo no que intercambiar información, inquedanzas e experiencias sobre o proceso de tránsito en relación á vivencia da transexualidade.
 Mañá martes día 30 de xullo ás 18.30hs coa idea de formar un grupo de apoio mutuo onde compartir o semellante e o diverso...


venres, 26 de xullo de 2019

Grupo de Sendeirismo LGTBI+


GRUPO DE SENDEIRISMO

Aproveitando o Programa Conectadas da Deputación de Pontevedra, este mes de setembro iniciamos un grupo de senderismo.

A inscrición ten un custe de 6€ (íntegro para a Deputación) que deberá aboarse o primeiro día.

Polo de agora, a actividade ten unha duración de 35 horas, comezando o vindeiro sábado 14 de setembro e relizandose sempre en sábado (horario e lugar por concretar).

Éimprescindible a inscrición no programa, as prazas son limitadas, sendo a maioría das prazas (75%) reservadas para mulleres. 

O día 4 de setembro confirmarase a inscrición por correo electrónico.






luns, 22 de xullo de 2019

Cambio horario do Servizo de Orientación, formación e asesoramento social e laboral.



Nos meses de xullo e agosto cambiamos o noso horario de atención, podes atoparnos de 
luns a venres de 8 a 16h 

Recorda solicitar cita previa nos tlfs 722286300 ou  627736965 e no correo nosmesmas@felgtb.org

  
Servizo de Orientación, formación e asesoramento social e laboral a mulleres LBT é un servizo gratuíto, de atención individualizada, onde poderás informarte e recibir o apoio que precisas.

- Mellora da empregabilidade: recibe formación práctica para adquirir as competencias laborais que máis se adaptan ao teu perfil e ao mercado laboral.

-Atención laboral: procura do teu primeiro emprego, elaboración de CV e cartas de presentación, formación para a procura de emprego, asesoramento sobre formación e reciclaxe profesional, utilización das novas tecnoloxías na procura de emprego, etc

-Atención social: información e asesoramento sobre recursos dispoñibles, asesoramento sobre reproducción asistida, filiación, proceso de tránsito, cambio rexistral, etc

contáctanos!!!






venres, 5 de xullo de 2019

Servizo de atención psicolóxica

Abre o servizo de atención psicolóxica en Nós Mesmas!

Un espazo pensado para o acompañamento individual, no que facilitar a toma de conciencia da situación persoal presente e dos recursos e fortalezas propias para o autoapoio.

Se estás con malestar físico e emocional percibindo síntomas que se manteñen no tempo, se estás atravesando un proceso de dó ou algunha crise persoal, se viviches ou estás a vivir algunha situación de discriminación ou agresión, se precisas de apoio para a aceptación na familia ou se queres indagar nun proceso de crecemento persoal, podes contactarnos chamando ou escribindo a este email.

Atendemos os luns e os martes en horario de mañá e de tarde e os mércores polas mañás con cita previa.

Agradecemos que espalles esta información entre os teus contactos.

Asociación Nós Mesmas_Vigo
Porta do Sol, 11 Bis, 3º Vigo
627736965

Programa subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020





xoves, 30 de maio de 2019

I Maratón fotográfico Orgullo LGTBI Vigo 2019


Durante o 29 de xuño, co galo da celebración da Manifestación do Orgullo LGTBI en Vigo, celebrase a I Maratón fotográfica do Orgullo.

A temática da maratón é o Orgullo LGTBI+ Vigo 2019. 

As persoas participantes deberán fotografar sobre esta temática dentro dos actos organizados pola Asociación Nós Mesmas o día 29 de xuño no que terá lugar a manifestación do Orgullo LGTBI+ e a Festa DiversX. 

Para máis información sobre o programa de actos aquí.

PREMIOS

1º premio, diploma acreditativo e vale por valor de 100€ dunha coñecida tenda de electrónica e electrodomésticos.

2º premio, diploma acreditativo e vale por valor de 40€ dunha coñecida tenda de electrónica e electrodomésticos.

3º premio, diploma acreditativo e pack de agasallos (camiseta serigrafiada a man, libro de María Xosé Queizán, chapas e chaveiro do Orgullo)







xoves, 23 de maio de 2019

Programación Orgullo LGTBI+ Vigo 2019






Deseño de Sr.Nadie





 PROGRAMACIÓN 
50 nos de Orgullo, 50 anos de loita  

🔻10/06 ao 30/06 ás 19.00h  Casa das Artes

Inauguración exposición:

Ver máis sobre a exposición.

🔻11/06 ás 19.30h na Oficina Municipal de Distrito
Parladoiro "Migrar para ser ceibe, situación das persoas migrantes LGTBI"
con Daniel Bóveda Castro, responsable provincial de Accem Vigo e varias testemuñas en primeira persoa.
Actividade coorganizada con Accem Vigo.

🔻15/06 dende as 12 da noite no Mogambo Pub
II Noite Drag 

Ver máis info e inscripción.

🔻16/06  no Monte do Vixiador
Senderismo e encontro familias
15h Xantar compartido e senderismo
16.30h Encontro familias, con actividade para as crianzas
Máis info e inscripción.

🔻18/06 ás 19h no Centro de documentación feminista (Biblioteca Juan Compañel)
Coloquio "Autoras galegas rachando cos moldes"
Con Iria Misa e Eva Mejuto

🔻21/06
ás 17.30h na rúa Principe
Mesas informativas e xogos lgtb. 
Actividade coorganizada con Avante LGTB Vigo

ás 19.30h no MARCO
Proxección documental "Vida e morte de Marsha P. Johnson"

🔻22/06 dende ás 13h na rúa Don Bosco
Vermú TransMaricaBiBollo 
con DjSeñora
Lectura de poesía LGTBI
Postos de entidades sociais e venda
Posto de comida vegana da Cova dos Ratos

🔻23/06 ás 21h na Praia de Carril
Fogueira ceibe LGTBI+

🔻24/06 ás 19.30h na ONCE
Mesa redonda "Corpos disidentes"
con Nanina Santos, activista maior lesbiana
 Equipo DES, grupo de persoas LGTBIH con discapacidade intelectual

Falaremos das sexualidades e corporalidades fora das marxes do normativo. De como reapropiarnos do discurso e das prácticas e como disfrutar e sentirnos persoas plenas e válidas nos nosos corpos, nos nosos afectos e sentimentos e coa nosa sexualidade.

🔻26/06 ás 19.30h no MARCO
Mesa redonda "Xogamos Seguros: VIH, VPH, Prep, Pep..."
con Dr. Antonio Ocampo do HAC, afondará nas ITS e no Prep/Pep.
Laura Labajo Leal, enfermeira VIH, falará sobre VPH en homes que teñen sexo con homes
Carmen Pazos Alonso, enfermeira VIH do HAC, falará sobre Chemsex.

🔻28/06 
ás 17.30h na rúa Principe Mesa informativa Stonewall Inn
Actividade coorganizada con Avante LGTBI Vigo

hora por concretar, nos Multicines Norte
Estrea documental "Me llamo Violeta"
Documental que afonda na vida de dous menores trans en España.
Ao finalizar debate coa Asociación Avante LGTBI Vigo, coa Asociación Chrysallis e coa Asociación Nós Mesmas.

🔻29/06 TODO O DÍA na Praza da Pedra
Ocuparemos a praza con música, obradoiros, actuaciones e moita, moita reivindicación polo 50 aniversario das Revoltas de Stonewall.

18h Inicio I Maratón Fotográfica do Orgullo. Máis información aquí.  

18h Obradoiro Batukada. Trae o teu cubo/caldeiro e mazas, aínda que temos algúns de préstamo.

19h Actuación Las Supremas
20h Pregón Orgullo da man de Crysti Tojo



20.30h MANIFESTACIÓN ORGULLO É REIVINDICACIÓN

21.30h Lectura do manifesto da man de Paula Pier

22.15h Actuación Carolina Smith 


23h Concerto Flow do Toxo


00h DJ Ingrit Mosquera


01.30h DJ Noe








xoves, 16 de maio de 2019

II Noite Drag, queres participar?


O sábado, 15 de xuño desde as 12 da noite no Mogambo, terá lugar a 

II NOITE DRAG

Despois do éxito da pasada edición, afianzamos as perrucas, tacóns, bigotes postizos e maquillaxe para repetir unha noite de festa, diversión, música... na que o transformismo será o protagonista!!

Seleccionamos a un máximo de 8 participantes dragqueen e dragkings que queiran amosar a súa arte enriba do escenario do Mogambo cun tema a súa elección e que serán avaliados polo xurado e o público asistente!

Os únicos requisitos son, ser maior de idade, que a actuación non reproduza condutas machistas, sexistas ou lgtbfóbicas e que  a actuación teña unha duración máxima de 5 minutos. 

Se queres ser a Drag do Orgullo LGTBI+ Vigo 2019, non tardes en inscribirte, tes de prazo ata o 5 de xuño!!

Inscríbete no seguinte formulario.

Primeiro premio_ King ou Queen do Orgullo LGTBI+ 2019, ademais da posibilidade de actuar o 29 de xuño, despois da manifestación do Orgullo, na Praza da Pedra ante miles de persoas, recibirás un lote de produtos valorado en 150€ de comerciantes e hostaleiros da cidade.

Segundo premio_King ou Queen Fantasía 2019, recibirás un lote de produtos marabillosos por valor de 80€ de comerciantes e hostaleiros da cidade.

Ademais....agasallos para todas as e os Drag participantes!