miércoles, 22 de mayo de 2024

Crowdfounding Orgullo Crítico LGTBI+ Vigo 2024

 


✊🏳️‍🌈ORGULLO CRÍTICO LGTBI+ VIGO 2024🏳️‍⚧️✊

🗣Este será o 16º Orgullo que desde Nós Mesmas organizamos en Vigo.
Como cada ano, o traballo e a implicación que hai detrás da programación de actos culturais, sociais e reivindicativos é moito maior do que se pode imaxinar, activismo, voluntariado e solidaridade construen cada acto, cada actividade e son as únicas razóns polas que se consigue encher a rúa cunha manifestación que visibilice a diversidade real e cunha festa final na que disfrutarnos, vivirnos e ocupar os espazos cos nosos corpos, as nosas formas de ser, de vivir e de amar.

❌Cada ano, as dificultades aumentan, os requisitos legais e a burocrácia a cumplir é maior. Pero o apoio por parte das institucións nin tan sequera podemos dicir que non medra, temos que dicir que segue sendo INEXISTENTE.

Nos últimos anos solicitábamos a subvención da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo para actividades a realizar pola igualdade, cun máximo a recibir de 3000€ (de aí que o logo do Concello de Vigo e da Concellería constase na cartelería do Orgullo) sendo o coste total ata 4 veces maior, cartos que autofinanciabamos (e sexamos conscientes, para unha cidade como Vigo, unha inversión de 12000€ nunha programación de actos dun mes, non é elevada e tamén teñamos en conta o traballo se fai desde o voluntariado e incluso moitas persoas profesionais realizan intervencións con coste baixo ou incluso de balde) e estamos falando só da parte de inversión de Nós Mesmas, temos as compas de @avantevigo coa súa programación tamén!

Este ano, ante os requisitos legais (vémonos na obriga de instalar 4 baños públicos) solicitamos apoio por parte do Concello para que se encargasen desa instalación, solicitamos moitas xuntanzas, trasladamos a nosa preocupación, o noso hartazgo de brear cada ano con cero apoio para conmemorar o Día do Orgullo e facer de Vigo unha cidade diversa e inclusiva e solicitamos a súa implicación poñendo de exemplo tamén a implicación dos gobernos locais de moitísimos concellos de Galicia para sacar adiante Orgullos na súas comarcas.

😭Pero de nada servíu. (a súa proposta foi que quedabamos exentas da obriga dos baños se contábamos co convenio con hosteleiros da zona da Porta do Sol que deixaran entrar aos seus baños sen consumir nada a toda a xente da manifestación e da festa durante toda a duración da mesma, e sempre que contásemos, alo menos, con 4 baños "en prestamo" sendo un adaptado)

💀Ante esta situación, e con 16 anos de cansacio de loitar contra un muro e de ter o sentimento de que para o Concello de Vigo é totalmente indiferente a conmemoración do Orgullo LGTBI+, plantexámonos moi seriamente desbotar todo o traballo que xa temos organizado (mesas redondas, proxeccións, convivencias...) e non facer nada polo Orgullo en Vigo.

✊Finalmente, desde Nós Mesmas decidimos seguir para diante cos actos que poidamos, coa manifestación por suposto e coa festa posterior e non solicitar a subvención de igualdade co fin de non facer ese lavado de cara ao Concello de Vigo, trasladarvos a situación e solicitar, ademais de comprensión por non ter aínda nada publicado, o apoio económico que cada quen poda brindar.

📣Abrimos en Instagram  recaudación de fondos para financiar o Orgullo Crítico LGTBI+ de Vigo xa que non ten comisións de ningún tipo, tamén deixamos o noso número de conta por se alguén prefire facer unha transferencia ES5000491788262390013927, podes achegarte pola sede e facer o teu donativo en metálico, ou utilizar o seguinte botón de Paypal para facer unha donación: 


Estamos aquí para responder calquera dúbida que poida xurdir, queremos ser transparentes con todo o acontecido así como co que recademos e o seu uso.

E igualmente, podes colaborar difundindo a nosa petición ou achegándote para ser parte do voluntariado, teremos moito que facer e cantas máis mans mellor!


0 comentarios: