lunes, 27 de mayo de 2024

Orgullo Crítico LGTBI+ Vigo 2024

 



🏳‍🌈🏳‍⚧ORGULLO CRÍTICO LGTBI+ VIGO 2024🏳‍⚧🏳‍🌈

✊Unión, loita e reivindicación! 
Ante un panorama social e político que ignora, invisibiliza e ata criminaliza a diversidade sexual e de xénero  que racha coa normatividade imposta, alzamolo puño e brindámonos apoio!

🏳‍🌈Un ano máis facemos Orgullo! 
Orgullo polas que non poden visibilizarse! 
Orgullo polas que o fixeron antes que nos!
Orgullo polas que son excluídas e deixadas de lado!
Orgullo por todas, todos e todes es que avanzamos cara un mundo no que non existan "os outros"!

O vindeiro sábado 1 e ata o 29 de xuño disfrutaremos en Vigo dunha programación polo Orgullo lgtbi social, diversa e reivindicativo!

Avante LGBT+ Vigo e Nós Mesmas xunto a Asociación Codimo do Morrazo, Grupo Biguesas, Amnistia Internacional Vigo,  Artika Cultura e Arte,  Vacaburra,  Multicines Norte , La Pecca e  DeFrente LGTBI  traballamos man a man para achegar o noso orgullo a toda a cidadanía. 

Coloquios, actuacións, proxeccións, encontros, festa e por suposto, MANIFESTACIÓN o sábado 29 saíndo do cruce dos Choróns, esperámosvos!

         💙💜🩷   💛🤍💜🖤   🩷🩷🤍🧡




Todo isto o facemos desde a autofinanciación e a colaboración social, non contamos con apoio nin subvención do Concello de Vigo nin de outra entidade pública, polo que temos unha campaña de recadación de fondos aberta a través de Instagram, cunha transferencia no noso número de conta ES50 0049 1788 2623 9001 3927 ou a través de PayPal neste enlace: https://www.paypal.com/donate/?hosted_button_id=ZYZ6LF24BBGXY Donativo en PayPal


0 comentarios: