Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

Orgullo LGTB Vigo 2018

Nin disfóricas nin incongruentes.

Batukada feminista

Reivindicación

Visibilidade lésbica 2018

Bicada polas rúas do centro Vigo.

miércoles, 28 de mayo de 2025

Obradoiro de Creación para un cine queer independente

 


🎬 Obradoiro de Creación para un Cine Queer Independente
📅 7 de xuño ás 12h | 📍 C.S.A. A Nubeira 


Neste obradoiro imos observar, pensar e aproximarnos a unha maneira de facer cine cuir desde as márxenes. Crearemos a nosa historia con outros referentes audiovisuais e compartiremos có resto este relato.
Un espazo para pensar, observar e achegarnos a unha maneira de facer cinema queer desde as marxes.

Imparte: Festival Euforia

✨ Se tes interese en crear desde o disidente, este é o teu lugar. Actividade con inscrición previa, moi poucas prazas!!! Escríbenos un correo para inscribirte ou clica neste enlace.



Actividade financiada a través do Convenio de colaboración asinado coa Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI.



martes, 27 de mayo de 2025

Festival Euforia

 


🌈 Festival Euforia – Proxección e coloquio

📅 7 de xuño ás 18h | 📍 Museo MARCO, Salón de actos

Curtametraxes feitas por creadoris trans e non binarie, seguidas dun coloquio coa dirección do Festival Euforia

🎥 Unha mirada cinematográfica desde as disidencias que non vas querer perder.
🎟️ Entrada de balde, reserva previa para control de aforo, reserva a túa entrada clicando aquí.



Actividade financiada a través do Convenio de colaboración asinado coa Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI.




viernes, 23 de mayo de 2025

Coidámonos para construír.

 


🌱 Coidámonos para construír: resumo da primeira sesión de traballo interno

O pasado 16 de maio de 2025, en A Morada (Vigo), celebramos a primeira sesión de traballo interno da nosa asociación no marco do proceso “Coidámonos para construír” guiada por Maio Rosendo. Nesta xornada mergullámonos na análise dos nosos espazos colectivos desde a xeometría grupal, unha ferramenta da Facilitación de Grupos que nos axuda a comprender como se estrutura a nosa organización e como flúe o traballo dentro dela.

🌀 Que observamos?

Durante o exercicio, analizamos os catro espazos dos grupos e identificamos tanto fortalezas como aspectos a mellorar. A reflexión colectiva trouxo á luz varias cuestións importantes:

  • Existe falta de estrutura formal, e boa parte das dinámicas de gobernanza e toma de decisións recaen en espazos informais.

  • O espazo operativo e de toma de decisións é o que máis presenza ten actualmente na asociación.

  • Os espazos de xestión emocional e cohesión, de maneira consciente e estruturada, non están hoxe presentes na nosa dinámica habitual.

Tamén recoñecemos que os obxectivos e valores comúns da asociación están ben asentados: existe un sentir compartido arredor da nosa visión e razón de ser. Porén, vimos que para avanzar con saúde organizacional é esencial coidar tanto os procesos como as persoas que os sosteñen.

💬 Cara a onde imos

A partir deste diagnóstico, o grupo identificou varias necesidades clave:

  • Incorporar máis estrutura formal e métodos consensuados de toma de decisións.

  • Traballar na xestión emocional e relacional entre as integrantes.

  • Seguir indagando e acordando as vías para facer realidade os nosos obxectivos.

Despois dun proceso de reflexión e consenso, decidimos centrarnos na creación dun espazo de xestión emocional e cohesión dentro da estrutura formal da nosa asociación. Entendemos que fortalecer os coidados e as relacións é un paso imprescindible para continuar construíndo colectivamente.

💗 Grazas pola sabedoría colectiva

Esta primeira sesión foi posible grazas á implicación, escoita e sabedoría colectiva de todas as participantes. Queremos parabenizarnos polo camiño compartido e agradecer o esforzo e o compromiso de cada quen co proxecto común que é Nós Mesmas.

Seguimos coidándonos para seguir construíndo 💜



Actividade financiada a través do Convenio de colaboración asinado coa Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI.




lunes, 19 de mayo de 2025

Inicia o Servizo de asesoramento xurídico

 



Para Nós incorpora asesoramento xurídico para mulleres LBT

A partir de maio de 2025, o programa “Para Nós” complétase coa posta en marcha do asesoramento xurídico, ofrecendo apoio legal a mulleres lesbianas, bisexuais e trans que precisen resolver dúbidas ou defender os seus dereitos.

⚖️ O novo servizo xurídico abrangue:

  • Resolución de dúbidas legais individuais 📄

  • Información sobre dereitos en diferentes ámbitos (laboral, vivenda, saúde, familia…) 🏠

  • Apoio en situacións de discriminación ou vulneración de dereitos 🚫

Con esta incorporación, “Para Nós” convértese nun servizo integral de acompañamento e atención, ofrecendo cobertura psicolóxica, familiar, social, laboral e agora tamén legal.

✨ Queremos seguir creando un espazo seguro e accesible, onde cada muller LBT atope apoio para afrontar os retos do día a día, e tamén ferramentas para exercer os seus dereitos con forza e confianza.


📩 Para máis información ou solicitar cita, podes escribirnos a nosmesmasxuridico@gmail.com ou seguir as nosas redes sociais.


🙌 Financiación 

O programa “Para Nós” é unha acción financiada pola subvención a entidades de iniciativa social para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, cofinanciado pola Unión Europea – Fondos Europeos e a Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.





viernes, 16 de mayo de 2025

SOMOS HYPE! Mocidade LGTBIQ+ con ganas de brillar, loitar e transformar.

 



Somos Hype! é un termo moi popular que utilizamos para expresar entusiasmo, emoción e expectación por algo positivo. E así é este espazo xa que como mocidade LGTBI+ somos enerxía, queremos emocionarnos e expresar(nos) sen tapuxos, nin complexos! 

Este proxecto trata de crear espazos de apoio e benestar, onde tecer redes con máis mocidade, a educación emocional e o autocoidado sexan claves! 
Contaremos con actividades de lecer onde coñecernos e aprender, crearemos campañas de visibilización da realidade da mocidade LGTBI e promoveremos valores de solidaridade, igualdade de xénero e loita contra a discriminación lgtbifóbica.

Se tes entre 14 e 30 anos, participa! podes sumarte a todo ou ben ao que máis te preste!!! 

🎉 Estreamos programación cunha quedada moi top o 23 de maio ás 17h cunhe sexólogue para falar sen tabús, compartir dúbidas, coñecernos e crear redes de confianza 🧠💬💖

🧵 E en xullo… chega o curso de costura máis hype da historia:
🪡 “Puntadas de benestar” → todos os xoves de 12:00 a 13:30 
📦 Faremos unha mochila e un neceser chulísimos para levar á praia, monte ou festival 🎒🌊🌲🎶
‼️ Prazas moi limitadas! Non quedes sen a túa!

📝 Queres recibir info das actividades que imos facer,  vir á quedada ou apuntarte ao curso?
➡️ Apúntate!!! https://forms.gle/6kd9JD8x5JnmtF1c6






As actividades que realizaremos dentro do SomosHype! son todas de balde xa que as financiaremos cunha subvención da Deputación de Pontevedra.


Que ten en común a liberación sexual coa liberación do pobo palestino? Sobre o xenocidio, homonacionalismo sionista e pinkwhasing.

 



O mércores 21 de maio ás 19h convidámoste a unha charla imprescindible onde abordaremos o pinkwashing como estratexia de homonacionalismo empregada por Israel para branquear os seus crimes contra o pobo palestino.

Analizaremos o papel do movemento Queers for Palestine e reflexionaremos sobre a necesidade dunha loita interseccional pola liberación sexual e xustiza global.

🌈✊ Non faltes!
📆 Mércores 21 de maio ás 19h

📍 Sede Nós Mesmas, R/Torrecedeira, 19, Vigo
🗣️ Nono Enrique Santos (elu/el) Master en Sexoloxia e Xénero