Para Nós incorpora asesoramento xurídico para mulleres LBT
A partir de maio de 2025, o programa “Para Nós” complétase coa posta en marcha do asesoramento xurídico, ofrecendo apoio legal a mulleres lesbianas, bisexuais e trans que precisen resolver dúbidas ou defender os seus dereitos.
⚖️ O novo servizo xurídico abrangue:
-
Resolución de dúbidas legais individuais 📄
-
Información sobre dereitos en diferentes ámbitos (laboral, vivenda, saúde, familia…) 🏠
-
Apoio en situacións de discriminación ou vulneración de dereitos 🚫
Con esta incorporación, “Para Nós” convértese nun servizo integral de acompañamento e atención, ofrecendo cobertura psicolóxica, familiar, social, laboral e agora tamén legal.
✨ Queremos seguir creando un espazo seguro e accesible, onde cada muller LBT atope apoio para afrontar os retos do día a día, e tamén ferramentas para exercer os seus dereitos con forza e confianza.
📩 Para máis información ou solicitar cita, podes escribirnos a nosmesmasxuridico@gmail.com ou seguir as nosas redes sociais.
🙌 Financiación
O programa “Para Nós” é unha acción financiada pola subvención a entidades de iniciativa social para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, cofinanciado pola Unión Europea – Fondos Europeos e a Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.
0 comentarios:
Publicar un comentario