Pola loita dos dereitos das mulleres lesbianas, bisexuais, trans e persoas trans e non binarias.
Queda moito por facer para ser Nós Mesmas
Nin disfóricas nin incongruentes.
Reivindicación
Bicada polas rúas do centro Vigo.
Este servizo desenvolvese na nosa sede en Nós Mesmas, dando atención a mulleres LBT de toda a provincia de Pontevedra, pero tendo en conta que moitas veces o desprazamento é unha dificultade engadida, realizaránse atencións en materia social e laboral nos concellos de Nigrán e Baiona.
Proporcionamos información, orientación e asesoramiento ás mulleres trans e achegados sobre os seus derechos, exercicio dos mesmos e recursos sociaies adecuados para resolver as súas necesidades, así como orientación en materia de emprego e formación específica para as accións da vida diaria.
Para Nós conta coas seguintes características:
E-mail: nosmesmas@felgtbi.org
Teléfono e WhatsApp: +34 722 286 300 ou no +34 627 736 965
O servizo se desenvolverá ata o 31 de agosto de 2024.
Este servizo está financiado:
O vindeiro 16 de decembro, sábado, vestirémolas nosas mellores galas para pasar xuntes unha velada inolvidable!!
Se queres sumarte a nos, cear rico e con moi boa compañía, INSCRÍBETE!!
Farémola no Centro Social A Revolta, na rúa Real 12, en Vigo, ás 21.30h
Teremos un montón entrantes de diferentes rexións do mundo e un prato principal (haberá opción vexetariana para quen o solicite) todo cociñada polas nosas mans, con moito amor e mimo, para compartir con todes un cachiño de nos.
Inscríbete e realiza o pago previo, instruccions no seguinte formulario:
https://forms.gle/7Y7FjppbcMj17BLE6
Se tes algunha dúbida, contáctanos!! nosmesmas@felgtbi.org
📣Xa chegan as xornadas de formación!!!
🏳️🌈VII Xornadas de Tratamento da Diversidade Afectiva, Sexual e de Xéneor nas Aulas. 🏳️🌈
O vindeiro 2 de decembro temos un día cargado de formación máis que interesante!
Falaremos da realidade non binaria, das consecuencias da lgtbifobia social na mocidade e como detectalas, coñeceremos recursos para utilizar no noso día a día como profes/formadores/educadores...
CONTAN COS MÉRITOS HOMOLOGÁDOS POLA XUNTA DE GALICIA PARA O PROFESORADO!!
En breve publicaremos o programa completo, mentras tanto, ASEGURA A TÚA PRAZA E INSCRÍBETE! 🤩
📆Cando? sábado 2 de decembro
📍Onde? Salón de actos Museo Verbum (Samil)
⏰Horario: 10h-14h e de 16h-20h
📑Inscrición: ata o 28/11 https://forms.gle/NHEwZo6PsG4wq5ps8
💸Coste: de balde!!!
👨🏫A educación é a base e motor do cambio social!! Sumemos forzas para conseguir unha educación inclusiva e respectuosa coa diversidade!!💗💗
Estas xornadas contan coa subvención da:
Todo isto en que se traduce?
Traducese nun grupo aberto e cambiante de persoas, cada unha cos seus propios criterios sobre cales son os temas que máis nos afectan, pero dende o traballo asambleario e horizontal, buscamos puntos en común, respetando as nosas diferencias.
Queremos facer, crear, aportar ideas e accións para erradicar a discriminación que segue existindo contras o colectivo LGTBI, e sobre todo, as mulleres lesbianas, bisexuais e trans na Galiza e no mundo.
Levámolo a cabo mediante accións sociais nacidas e impulsadas por as propias participantes que rachen có patriarcado e o cisheterosexismo social e nos empoderen co fin de rematar coa violencia social e institucionalizada contra as disidencias.
Queremos facer, crear e aportar ideas e accións por que se non nos facemos ver e oír, segueremos sen avanzar, e queda moito camiño por percorrer!!!