Asociación Nós Mesmas
Queda moito por facer para ser Nós Mesmas
Orgullo LGTB Vigo 2018
Nin disfóricas nin incongruentes.
Batukada feminista
Reivindicación
Visibilidade lésbica 2018
Bicada polas rúas do centro Vigo.
viernes, 27 de septiembre de 2024
Plan de Formación en Diversidade Afectivo-Sexual e de Xénero para Educación Secundaria
miércoles, 25 de septiembre de 2024
Plan de Formación en Diversidade Afectiva-Sexual, de Xénero e Familiar para Infantil e Primaria 24-25
Coñece a nosa nova oferta formativa para o curso 2024-2025 dirixida a alumnado de Educación Infantil (segundo ciclo) e Educación Primaria.
Se a natureza é diversa....a diversidade é natural!!!
Para máis información ou solicitar datas, escríbenos a nosmesmaseducacion@gmail.com
viernes, 6 de septiembre de 2024
Mocidade LGTBI+, presente!! Comeza unha nova edición
lunes, 2 de septiembre de 2024
Para Nós: Servizo de atención integral a mulleres LBT
🌸 Para Nós: Servizo de atención integral a mulleres LBT
En setembro de 2024 continuamos co noso programa pensado para acompañar, coidar e apoiar ás mulleres lesbianas, bisexuais e trans (LBT) que o precisen: “Para Nós”, un servizo integral de atención desde unha perspectiva feminista e interseccional.
Este programa busca ofrecer un espazo seguro e profesional onde atender as diferentes necesidades das mulleres LBT, recoñecendo a súa diversidade e as múltiples realidades que atravesan.
📌 Que inclúe o programa?
-
🧠 Atención psicolóxica individualizada para acompañar procesos persoais e emocionais.
-
👩👩👧 Mediación familiar, para facilitar a comunicación e a resolución de conflitos no entorno máis próximo.
-
👩💼 Asesoramento social e laboral, para apoiar no acceso a recursos, dereitos e oportunidades profesionais.
-
⚖️ Asesoramento xurídico, co obxectivo de resolver dúbidas legais e garantir a defensa dos dereitos.
📅 Calendario de posta en marcha
-
Setembro 2024 → Inicio da atención psicolóxica e mediación familiar.
-
Xaneiro 2025 → Incorporación do asesoramento social e laboral.
-
Maio 2025 → Posta en marcha do asesoramento xurídico.
💬 Un espazo seguro para mulleres LBT
Con “Para Nós” queremos construír un servizo que non só dea resposta ás urxencias e ás necesidades prácticas, senón que tamén sexa un lugar de coidado, empoderamento e acompañamento.
✨ Se queres máis información ou acceder ao servizo, podes poñerte en contacto con nós a través do correo electrónico 📩 nosmesmaspsicoloxia@gmail.com ou seguir as nosas redes sociais para estar ao día.
🙌 Financiación
Este programa é posible grazas á subvención a entidades de iniciativa social para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, financiado pola Unión Europea – Fondos Europeos e pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.
lunes, 22 de julio de 2024
Formación en Competencias Dixitais
lunes, 27 de mayo de 2024
Orgullo Crítico LGTBI+ Vigo 2024
Todo isto o facemos desde a autofinanciación e a colaboración social, non contamos con apoio nin subvención do Concello de Vigo nin de outra entidade pública, polo que temos unha campaña de recadación de fondos aberta a través de Instagram, cunha transferencia no noso número de conta ES50 0049 1788 2623 9001 3927 ou a través de PayPal neste enlace: https://www.paypal.com/donate/?hosted_button_id=ZYZ6LF24BBGXY Donativo en PayPal
miércoles, 22 de mayo de 2024
Crowdfounding Orgullo Crítico LGTBI+ Vigo 2024

ORGULLO CRÍTICO LGTBI+ VIGO 2024

Este será o 16º Orgullo que desde Nós Mesmas organizamos en Vigo.
Cada ano, as dificultades aumentan, os requisitos legais e a burocrácia a cumplir é maior. Pero o apoio por parte das institucións nin tan sequera podemos dicir que non medra, temos que dicir que segue sendo INEXISTENTE.
Pero de nada servíu. (a súa proposta foi que quedabamos exentas da obriga dos baños se contábamos co convenio con hosteleiros da zona da Porta do Sol que deixaran entrar aos seus baños sen consumir nada a toda a xente da manifestación e da festa durante toda a duración da mesma, e sempre que contásemos, alo menos, con 4 baños "en prestamo" sendo un adaptado)
Ante esta situación, e con 16 anos de cansacio de loitar contra un muro e de ter o sentimento de que para o Concello de Vigo é totalmente indiferente a conmemoración do Orgullo LGTBI+, plantexámonos moi seriamente desbotar todo o traballo que xa temos organizado (mesas redondas, proxeccións, convivencias...) e non facer nada polo Orgullo en Vigo.
Finalmente, desde Nós Mesmas decidimos seguir para diante cos actos que poidamos, coa manifestación por suposto e coa festa posterior e non solicitar a subvención de igualdade co fin de non facer ese lavado de cara ao Concello de Vigo, trasladarvos a situación e solicitar, ademais de comprensión por non ter aínda nada publicado, o apoio económico que cada quen poda brindar.
Abrimos en Instagram recaudación de fondos para financiar o Orgullo Crítico LGTBI+ de Vigo xa que non ten comisións de ningún tipo, tamén deixamos o noso número de conta por se alguén prefire facer unha transferencia ES5000491788262390013927, podes achegarte pola sede e facer o teu donativo en metálico, ou utilizar o seguinte botón de Paypal para facer unha donación: lunes, 20 de mayo de 2024
Atención psicoloxica e xuridica de balde
A atención é gratuíta e levarase a cabo de mañá luns, mércores e venres, e de tarde martes e xoves no noso local en Rúa Conde de Torrecedeira, 19 con cita previa.
Podes contactar coa asociación nos teléfonos 627736965 ou 772286300, directamente co servizo de psicoloxía no email nosmesmaspsicoloxia@gmail.com ou cun correo a nosmesmas@felgtbi.org para solicitar cita de asesoría xurídica.
viernes, 5 de abril de 2024
Novo proxecto ENRAÍZO: Horta Comunitaria Terapéurica
lunes, 1 de abril de 2024
Memoria actividades 2023
jueves, 4 de enero de 2024
Para Nós, Servizo de atención integral a mulleres lesbianas, bisexuais e trans.
Este servizo desenvolvese na nosa sede en Nós Mesmas, dando atención a mulleres LBT de toda a provincia de Pontevedra, pero tendo en conta que moitas veces o desprazamento é unha dificultade engadida, realizaránse atencións en materia social e laboral nos concellos de Nigrán e Baiona.
Proporcionamos información, orientación e asesoramiento ás mulleres trans e achegados sobre os seus derechos, exercicio dos mesmos e recursos sociaies adecuados para resolver as súas necesidades, así como orientación en materia de emprego e formación específica para as accións da vida diaria.
Para Nós conta coas seguintes características:
- Servicio gratuito, profesionalizado e confidencial.
- Acollida e información.
- Atención e asesoramento social, derivación e acompañamento a recursos externos.
- Atención psicolóxica individual ou grupal.
- Mediación familiar.
- Sensibilización e formación.
- Orientación laboral.
- Asesoramento a profesionais de outros ámbitos.
- Asesoramento xurídico.
- Imprescindible cita previa, podes solicitala a través de:
E-mail: nosmesmas@felgtbi.org
Teléfono e WhatsApp: +34 722 286 300 ou no +34 627 736 965
O servizo se desenvolverá ata o 31 de agosto de 2024.
Este servizo está financiado:
%20(2).png)

.png)


.png)

_page-0001.jpg)





















